Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 2016 Páx. 4922

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1181/2014).

Eu, María del Carmen Isasi Varela, secretaria xudicial accidental do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1181/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Silvia Fernandes Pereira contra o Fondo de Garantía Salarial, Rubén Ynfante Ortiz sobre reclamación de cantidade-procedemento ordinario, se ditou a sentenza cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que, en materia de cantidade, foi interposta por Silvia Fernandes Pereira contra o empresario individual Rubén Infante Ortiz e, en consecuencia, debo condenar e condeno o empresario individual Rubén Infante Ortiz a que aboe á demandante a cantidade de 550 € líquidos, por salarios devindicados no mes de decembro de 2013, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Rubén Ynfante Ortiz, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto o sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de novembro de 2015

A secretaria xudicial