En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, do texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería do Medio Rural.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizos.
b) Descrición do obxecto: servizo integral de helicópteros e brigadas con destino á prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2016 e 2017.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http:/www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23664
d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 1, do 4 de xaneiro de 2016.
e) División por lotes e número: si; lote 1: helicópteros de tipo lixeiro co persoal das brigadas helitransportadas correspondentes, e lote 2: helicópteros de tipo medio co persoal das brigadas helitransportadas correspondentes.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e anticipado de gasto; aberto suxeito a regulación harmonizada.
4. Orzamento de licitación.
Importe total: 13.315.789,68 € (exento de IVE), cuxa distribución por anualidades é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.
Valor estimado: 36.628.224,96 € (incluídas posibles prórrogas e ampliacións).
5. Adxudicación e formalización do contrato.
a) Data da resolución de desistencia: 13 de xaneiro de 2016.
b) Adxudicataria: non hai.
Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2016
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural
P.A. (Artigo 4 da Orde do 17.11.2015; DOG nº 223, do 23 de novembro)
Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación e Produción Forestal