Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 2016 Páx. 4974

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a declaración de deserto do servizo de cinco (5) avións con destino á prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2016 e 2017, proposta 78/15-I, por procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada, con tramitación ordinaria e anticipada de gasto (expediente 1/2016).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de cinco (5) avións con destino á prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2016 e 2017, proposta 78/15-I.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23631

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 5 de decembro de 2015; BOE núm. 296, do 11 de decembro de 2015 e DOG núm. 245, do 24 de decembro de 2015.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e anticipada de gasto, aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: 2.132.728,56 € (exento de IVE), cuxa distribución por anualidades é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

Valor estimado: 5.433.297,12 € (incluídas posibles prórrogas e ampliacións).

5. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución de deserto: 12 de xaneiro de 2016.

b) Adxudicataria: non hai.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2016

P.A. (Artigo 4 da Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación e Produción Forestal