Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 2016 Páx. 4924

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (130/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 130/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Verónica Troiteiro Quinteiro contra Alfonso Balo Silva, sobre reclamación de cantidade, se ditou cédula de citación, do 20 de xaneiro de 2016, do teor seguinte:

«Cédula de citación.

Tribunal que ordena citar

Xulgado do Social número 3

Asunto en que se acorda

Execución de títulos xudiciais 130/2015

Persoa que se cita

Alfonso Balo Silva, en calidade de executado

Obxecto da citación:

Asistir nesa condición de executado concorrendo a tales actos coas probas de que intente valerse e tamén, se a parte contraria o pide e o tribual o admite, contestar as preguntas que lle formulen na práctica da proba de interrogatorio.

Lugar, día e hora en que debe comparecer:

Sinálase o día 7 de marzo de 2016, ás 11.30 horas, na Sala de Audiencia deste xulgado, sita na planta baixa, sala número 3 do Edificio dos Xulgados, sito na rúa Berlín, s/n; polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, para a celebración da comparecencia acordada.

Prevencións legais:

1º. A incomparencia do executado, debidamente citado, non impedirá a celebración da comparecencia.

2º. Debe asisitir á comparecencia con todos os medios de proba de que intente valerse (artigo 82.3 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio, solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, no caso contrario, poderanse considerar recoñecidos como certos os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogarorio das persoas xurídicas practicarase con aqueles que legalmente as representen e teñan facultades para responder tal interrogartorio.

Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos, deberá achegar ao xuízo a persoa coñecedora directa deles. Con tal fin, a parte interesada poderá propor a persoa que se debe someter ao interrogatorio, xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

3º. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a tramitación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 da LXS (artigo 155.5, parágrafo 1º, da Lei de axuizamento civil (LAC); fáiselle saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

4º. Tamén deberá comunicar, antes da súa celebración, a existencia dalgunha causa legal que xustifique a suspensión da comparecencia.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2016

A letrada da Administración de xustiza».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Para que lle sirva de notificación a Alfonso Balo Silva, en ignorado paradoiro, expido este edicto.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2016

A letrada da Administración de xustiza