Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 2016 Páx. 4669

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 28 de decembro de 2015 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios) cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

Advertidos erros na referida resolución, publicada no DOG nº 248, do 30 de decembro de 2015, procede facer as seguintes correccións:

–Na páxina 52686, no ordinal 1º da alínea a) do número 2 do artigo 5, onde di: «1º. Viaxe á cidade de celebración do evento desde algunha cidade de España. Por motivos empresariais admitirase que se viaxe ou regrese desde outro país distinto de España, nese caso só se subvencionará o hotel do país no que se celebra a acción», debe dicir: «1º. Viaxe á cidade de celebración do evento desde algunha cidade de España. Por motivos empresariais admitirase que se viaxe ou regrese desde outro país distinto de España; nese caso –en accións que se celebren fóra de Galicia– só se subvencionará o hotel do país en que se celebra a acción».

– Na páxina 52687, no cuarto parágrafo do ordinal 2º da alínea a) do número 2 do artigo 5, onde di: «No caso de misións inversas teranse en conta os gastos de viaxe a Galicia de cada persoa participante na misión. Subvencionaranse tamén neste caso os gastos de hotel (en réxime de aloxamento e almorzo). Só se subvencionarán pernoctas comprendidas entre as datas das accións cun maximo de 5 pernoctas. Teranse en conta para estos gastos os límites indicados no anexo IV», debe dicir: «No caso de misións inversas teranse en conta os gastos de viaxe a Galicia desde outras cidades de España ou desde o estranxeiro de cada persoa participante na misión. Subvencionaranse tamén neste caso os gastos de hotel (en réxime de aloxamento e almorzo). Só se subvencionarán pernoitas comprendidas entre as datas das accións cun máximo de 5 pernoitas. Teranse en conta para estes gastos os límites indicados no anexo IV».

– Na páxina 52708, onde di: «h) No caso da actuación (…)», debe dicir: «g) No caso da actuación (…)».

– Na páxina 52719, no anexo IV, onde di: «Distancia desde a cidade española de orixe á cidade de destino de celebración do evento: calculada en kilómetros según o calculador establecido pola Comisión Europea para o abono dos desprazamentos en proxectos europeos.

http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/tools/distance_en.htm

No caso de cidade de orixe fóra de España, non se subvencionarán gastos de viaxe (só de aloxamento no caso de que queden acreditados)», debe dicir: «Distancia desde a cidade de orixe á cidade de destino de celebración do evento: calculada en quilómetros segundo o calculador establecido pola Comisión Europea para o aboamento dos desprazamentos en proxectos europeos.

http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/tools/distance_en.htm

No caso de actuacións celebradas fóra de Galicia cuxa cidade de orixe da viaxe sexa fóra de España, non se subvencionarán gastos de viaxe (só de aloxamento no caso de que queden acreditados)».