Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 2016 Páx. 4770

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da oferta de emprego público 2015.

Con data do 30 de decembro de 2015, a Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria e urxente, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público do Concello de Vigo para o ano 2015, integrada polas seguintes 27 prazas vacantes:

a) Persoal funcionario: 20 prazas, quince delas pola quenda libre.

Nº vacantes

Denominación

Grupo

Escala

Subescala

Clase

Quenda acceso

2

Técnico/a Administración xeral rama xurídica

A1

Admón. xeral

Técnica

Superior

1 libre e 1 promoción interna

1

Técnico/a Administración xeral rama económica

A1

Admón. xeral

Técnica

Superior

Libre

2

Técnico/a xestión

A2

Admón. especial

Servizos especiais

Cometidos especiais

1 libre e 1 promoción interna

1

Administrativo/a Administración xeral

C1

Admón. xeral

Administrativa

----------

Promoción interna

1

Auxiliar Administración xeral

C2

Admón. xeral

Auxiliar

----------

Promoción interna

1

Oficial policía local

C1

Admón. especial

Servizos especiais

Policía local

Promoción interna

7

Policía local

C1

Admón. especial

Servizos especiais

Policía local

Libre

3

Bombeiro/a

C2

Admón. especial

Servizos especiais

Extinción incendios

Libre

2

Condutor/a-bombeiro/a

C2

Admón. especial

Servizos especiais

Extinción incendios

Libre

b) Persoal laboral: 7 prazas, 6 delas de oficiais de oficios do grupo C2 de titulación e 1 de axudante de oficios do grupo transitorio E, todas elas pola quenda de promoción interna.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 59 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto básico do empregado público (TREBEP), resérvase un total de 2 prazas (7 % das 15 prazas ofertadas pola quenda libre e das 12 reservadas por promoción interna) para persoas con discapacidade:

Unha praza de oficial de oficios, da quenda de promoción interna.

Unha praza de axudante de oficios, da quenda de promoción interna».

Vigo, 15 de xaneiro de 2016

(Decreto de Alcaldía e Acordo da Xunta de Goberno Local do 19.6.2015)
Javier Pardo Espiñeira
Concelleiro-delegado da Área de Xestión Municipal e Persoal