Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 2016 Páx. 4772

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2016 pola que se fai pública a formalización dun contrato (expediente CGSIB/OBR/002/15).

Para os efectos dispostos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, a Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar acordou publicar a formalización do seguinte contrato:

– Número de expediente: CGSIB/OBR/002/15.

Tipo de procedemento: procedemento aberto multicriterio.

Denominación do concurso público: obra de reforma dunha escola infantil de 5 unidades no concello do Grove.

Importe da adxudicación, IVE incluído: 376.461,23 €.

Adxudicataria: Copcisa, S.A.

Data de formalización do contrato: 30.12.2015.

Vantaxes da oferta da adxudicataria: a oferta técnica adaptada ás necesidades da obra que se vai executar e unha oferta económica moi competitiva.

Para máis información consultar a páxina web www.igualdadebenestar.org, no punto do perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2016

Perfecto Rodríguez Muíños
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar