Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 2016 Páx. 4748

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 29 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución da liberación de bens incautados do expediente sancionador Pesan 1 2010/000875-1 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que a continuación se relacionan, a liberación dos bens incautados.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira do Mar, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que xulgue pertinente.

A Coruña, 29 de xaneiro de 2016

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: Pesan1 2010/000875-1.

Persoa interesada: Bernardo Rodríguez de Castro.

Acto de notificación: resolución de liberación de bens.

Último enderezo coñecido: r/ Federico Mallo, 3, 2º B, Linares, Jaén.

Expediente: Pesan1 2011/002044-1.

Persoa interesada: Manuel Rama Ruiz.

Acto de notificación: resolución de liberación de bens.

Último enderezo coñecido: praza Pablo Neruda, 5, 5º esq., Ribeira.