Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 2016 Páx. 4750

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 29 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-0411/2015-ORS e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-0411/2015-ORS e tres máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poidan exercer calquera outro recurso que xulguen pertinente.

A Coruña, 29 de xaneiro de 2016

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0411/2015-ORS.

Persoa interesada: Juan Ramón Traba Estévez.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Campo do Sacramento, 25, 1º, Cee.

Expediente: PSC-CO-0415/2015-PPM.

Persoa interesada: Juan José Domínguez García.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: avenida Vilaboa, 197, baixo, A Corveira, Culleredo.

Expediente: PSC-RI-0422/2015-PPM.

Persoa interesada: Arturo Rodríguez Agrafojo.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: A Ponte Nafonso, Noia.

Expediente: PSC-CO-0427/2015-PPM.

Persoa interesada: José Antonio Puente Marrozos.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Vila de Cee, 14, 3º dereita, Culleredo.