Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 2016 Páx. 4733

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato da subministración, instalación e posta en funcionamento do equipamento de guindastres de mobilización de persoas para diversos centros desta consellería.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social (antes Consellería de Traballo e Benestar).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Obras.

c) Número de expediente: 64/2015.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23153

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración, instalación e posta en funcionamento do equipamento de guindastres de mobilización de persoas para diversos centros da Consellería de Política Social (antes Consellería de Traballo e Benestar).

CPV (referencia de nomenclatura): 42410000-3.

c) División por lotes: non.

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 159, do 21.8.2015.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto non harmonizado.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 114.111,16 €. IVE (10 %): 11.411,12 €. Importe total: 125.522,28 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 23 de novembro de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 30 de novembro de 2015.

c) Contratista: El Corte Inglés, S.A.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 83.776,47 €. IVE (10 %): 8.377,64 €. Importe total: 92.154,11 €.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2016

P.D. (Artigo 1 da Orde do 19.8.2009)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social