Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 2016 Páx. 4735

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizo para o mantemento do sistema de autocontrol nos centros públicos da Consellería de Traballo e Benestar (expediente 41/2015).

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato que se relaciona a seguir:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 41/2015.

d) Enderezo na internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para o mantemento do sistema de autocontrol nos centros públicos da Consellería de Traballo e Benestar.

c) CPV: 71600000-4 servizos técnicos de ensaio, análise e consultoría.

80500000-9 servizos de formación.

d) Tipo de fondo: orzamentos xerais da Comunidade Autónoma correspondentes á Consellería de Traballo e Benestar.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG).

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 24 de xullo de 2015.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado: noventa e catro mil cincocentos vinte e dous euros con trinta e un céntimos de euro (94.522,31).

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación do contrato: 16 de novembro de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 24 de novembro de 2015.

c) Contratista: Akunatura de Ourense, S.L.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe de adxudicación: noventa mil setecentos noventa e un mil euros con trinta e seis céntimos de euro (90.791,36 €) (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2016

P.D. (Orde do 19.8.2009; DOG núm. 172, do 2 de setembro)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social