De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución ditada na reclamación de responsabilidade patrimonial devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.
Segundo establece o artigo 61 da citada lei, a interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, para examinar a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, situada no Complexo Administrativo de San Caetano, bloque 5, en Santiago de Compostela.
Fáiselle saber que contra a devandita resolución, definitiva na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao remate do prazo de dez (10) días antes sinalado ou ao da comparecencia da interesada, se é o caso; sen prexuízo de que, con carácter previo e potestativo, poida presentar recurso de reposición ante a Consellería de Infraestruturas e Vivenda no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa notificación.
Interesada: Instalaciones Hermanos Goyos, S.L.; expediente: RP/13/00311; tipo de resolución: inadmisión.
E para que conste e lle sirva de notificación a interesada, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2016
Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda