En cumprimento do disposto nos artigos 58, 59.5, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, mediante esta cédula notifícaselles aos interesados, cuxos datos e domicilio se mencionan no anexo, a resolución de desistencia e arquivamento da solicitude de inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia, tramitada ao abeiro do disposto no Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o dito rexistro.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Infraestruturas e Vivenda no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación, consonte o previsto no artigo 114 da citada Lei 30/1992.
A eficacia desta cédula quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
Pontevedra, 20 de xaneiro de 2016
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Credencial |
Nome e apelidos |
DNI/NIE |
Enderezo |
CP |
Concello |
66109 |
Daniela Ríos Villar |
77973226Y |
Avda. San Xoán, 1-2º A |
36995 |
Poio |
72588 |
Vanesa Barros Puch |
53177311T |
Vía Norte, 9-5º E |
36206 |
Vigo |
72630 |
Ignacio Loeda García |
76927979V |
Fernández Ladreda, 1-4º E |
36003 |
Pontevedra |