Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2016 Páx. 4539

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 20 de xaneiro de 2016 de emprazamento para trámite de audiencia no expediente COR/62/2014-R1, devolta polo servizo de Correos por resultaren as persoas destinatarias ausentes na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.9 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), publícase a notificación de emprazamento para o trámite de audiencia a Antonio Vilar Leira e Mª Belén Díaz Fraga, no expediente número COR/62/2014-R1 en relación ao recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 25 de marzo de 2015, do director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, pola que se resolve ordenar a demolición das obras consistentes na instalación dunha vivenda prefabricada, unha caseta de material plástico, unha pérgola e unha fosa séptica, no lugar dos Pedregás, Taraza, Meirás, no termo municipal de Valdoviño.

O expediente mencionado está á disposición dos interesados nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, piso 1º, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produciu a notificación, para presentar as alegacións que consideren procedentes.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 º da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística