Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2016 Páx. 4529

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 28 de decembro de 2015 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Julia I.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Julia I, e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escrito do 23 de xuño de 2015, José Andrés Ferreiro Barreiro (35307637-S), Laureano Ferreiro Barreiro (35318688-A) e Manuel Ferreiro Barreiro (44082583-R) solicitaron autorización para a transmisión da concesión administrativa e da batea Julia I.

Segundo. Con data do 18 de agosto de 2015 a Secretaría Xeral do Mar emitiu informe con relación á solicitude de transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Julia I, comunicando que mediante o expediente do Sistema de xestión de procedementos administrativos (SXPA): PE205B 2013/1-4 concedeuse unha subvención seguindo as bases reguladoras establecidas pola Orde do 3 de xuño de 2013, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a investimentos no ámbito da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo da Pesca, e se convoca para o exercicio 2013 o devandito procedemento (DOG número 109, do 10 de xuño). Os beneficiarios da subvención por importe de 29.245,39 euros para a construción da batea Julia I son: José Andrés Ferreiro Barreiro (35307637-S), Laureano Ferreiro Barreiro (35318688-A) e Manuel Ferreiro Barreiro (44082583-R). No citado informe advírtese que: «No caso de que se autorice a transmisión da mencionada batea, sería conveniente informar o transmitente desta de que, como beneficiario da axuda concedida para a construción da batea Julia I (expediente PE205B 2013/1-4), e en virtude do establecido no artigo 56 do Regulamento (CE) número 1198/2006, do 27 de xullo, relativo ao Fondo Europeo de Pesca (FEP), se procederá, no momento da transmisión, ao inicio do expediente de reintegro do importe percibido (29.245,39 euros) correspondente á mencionada subvención».

Terceiro. Mediante escrito do 1 de setembro de 2015, a Xefatura Comarcal de Pontevedra dá traslado do informe citado no antecedente segundo a José Andrés Ferreiro Barreiro (35307637-S), Laureano Ferreiro Barreiro (35318688-A) e a Manuel Ferreiro Barreiro (44082583-R), que solicitan, mediante escrito do 16 de setembro de 2015, a paralización temporal do expediente: PE507A 2015/15-4 de transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Julia I á espera dos trámites da Secretaría Xeral do Mar autorizando a subrogación de Mejilloneras A Lameira, S.L. en todas as obrigas contraídas polos transmitentes e beneficiarios da axuda concedida para a construción da batea Julia I.

Cuarto. Posteriormente e con data 20 de novembro de 2015, emitiu un segundo informe a Subdirección Xeral de Acuicultura relacionado coa solicitude de transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Julia I e o expediente SXPA referido no antecedente segundo: PE205B 2013/1-4. Os beneficiarios da subvención por importe de 35.545,39 euros para a construción da batea Julia I e adquisición dunha pesadora electrónica son: José Andrés Ferreiro Barreiro (35307637-S), Laureano Ferreiro Barreiro (35318688-A) e Manuel Ferreiro Barreiro (44082583-R). No citado informe advírtese que: «Tendo en conta que tal e como declaran os interesados no seu escrito do 22 de setembro eles son os únicos socios e administradores da sociedade, que a achega dos bens se realizará mediante ampliación de capital social recibindo os socios un número equivalente de participacións, que non existe ningunha contraprestación económica por este acto, e que no se altera o obxectivo e finalidade do proxecto para o que foi concedida a subvención, infórmase que non existe inconveniente en autorizar a transmisión solicitada, sempre que se cumpran as obrigas establecidas na Orde do 3 de xuño de 2013». Tamén no mesmo informe cítase: «Así mesmo, a sociedade propietaria deberá comprometerse a non efectuar ningunha modificación fundamental das establecidas no artigo 56 do Regulamento (CE) 1198/2006» e «O incumprimento das obrigas indicadas será causa de reintegro da axuda tal e como establece o artigo 24.3 da Orde do 3 de xuño de 2013».

Quinto. Os interesados achegaron a documentación requirida para a tramitación.

Sexto. O informe do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea é favorable.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Mejilloneras A Lameira, S.L. (B94098464), da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Julia I.

Situación:

Cuadrícula número: 26.

Polígono: A.

Distrito: Portonovo (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 15.3.1974.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: José Andrés Ferreiro Barreiro (35307637-S), Laureano Ferreiro Barreiro (35318688-A) e Manuel Ferreiro Barreiro (44082583-R).

Nova titular: Mejilloneras A Lameira, S.L. (B94098464).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia compulsada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegada a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. A nova titular da concesión queda subrogada nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compra-venda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 28 de decembro de 2015

P.D. (Resolución do 12.4.2012)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo