Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2016 Páx. 4542

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo, non suxeito a regulación harmonizada, de creatividade da campaña de promoción dos recursos naturais e culturais do turismo de Galicia durante o ano 2016, mediante procedemento aberto, con pluralidade de criterios, documentalmente simplificado e cofinanciado no 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2014/2020 (PI 6.3.2).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil de contratante: 19 de novembro de 2015.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: renovación, actualización e evolución da campaña de promoción dos recursos naturais e culturais do turismo de Galicia durante o ano 2016.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: baseada en pluralidade de criterios e cofinanciado no 80 % polo P.O. Feder Galicia 2014/2020 (PI 6.3.2).

4. Orzamento base de licitación.

Importe sen IVE: 60.000,00 €.

IVE (21 %): 12.600,00 €.

Importe total (IVE incluído): 72.600,00 €.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 30 de decembro de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 11 de xaneiro de 2016.

c) Adxudicataria: Prohibida la Entrada al Laboratorio, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe sen IVE: 52.000,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2016

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia