Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2016 Páx. 4544

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2016 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación ordinaria e documentalmente simplificada, dun contrato non suxeito a regulación harmonizada, de execución de obras (expediente 6/2015/CNTOB).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: entidade pública Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

– Descrición do obxecto: dragaxe no porto de Laxe (A Coruña).

– Clave do expediente: 6/2015/CNTOB.

– Lugar de execución: Laxe (A Coruña).

– Valor estimado do contrato: 2.980.376,79 euros, IVE excluído.

– Orzamento base de licitación: dous millóns novecentos oitenta mil trescentos setenta e seis euros con setenta e nove céntimos (2.980.376,79 €), IVE excluído.

– Importe do IVE (21 %): 625.879,13 euros.

– Prazo de execución: doce (12) meses.

– División por lotes: non hai.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración (multicriterio).

4. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación, IVE excluído.

5. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: entidade pública Portos de Galicia.

– Enderezo: praza de Europa, nº 5-A, 6º.

– Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

– Teléfono: 881 99 52 70.

b) Perfil de contratante na web: o prego tipo de cláusulas administrativas particulares (PCAP) e o cadro de características do contrato (CCC) poderanse obter no perfil de contratante, no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23972

c) A documentación técnica (proxecto), o PCAP e o CCC tamén se poderán obter en:

– Copy Nino, rúa Os Feáns, 19, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 58 89 38.

– http://www.portosdegalicia.es (epígrafe Contratación administrativa, subepígrafe: Área de Infraestruturas).

A data límite de obtención de documentación e información coincide coa data límite de presentación de ofertas, establecida no número 7.a) do presente anuncio.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo F, subgrupo 1, categoría 5.

b) Clasificación substitutiva para efectos de solvencia: non procede.

c) Solvencia económica e técnica: non se exixe.

d) Outros requisitos: ademais da clasificación e de acordo co exixido no número 8 da cláusula 3.5.1-I.A) do PCAP, os licitadores, dentro do sobre A, deberán comprometer na súa proposta un equipo mínimo de traballo coas características especificadas na cláusula 3.3.2.3 do PCAP.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do vixésimo sexto (26º) día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a referida na cláusula 3.5 do PCAP.

c) Lugar da presentación: as proposicións presentaranse, en tres (3) sobres pechados, no Rexistro dos Servizos Centrais de Portos de Galicia, sito na praza de Europa, 5-A, 6º, de Santiago de Compostela 15707 (teléfono: 902 40 08 70, fax: 981 54 53 24), segundo se especifica no punto 3.4 do PCAP, ou envialas por correo certificado dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

d) Prazo durante o que o licitador se obriga a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura das proposicións económicas, en virtude do disposto nos números 2 e 4 do artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

e) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa determinarase en virtude da aplicación dos criterios indicados no número 9 do CCC, de entre os recollidos na cláusula 3.6.2 do PCAP.

f) Admisión de variantes ou de melloras: de acordo co disposto no número 8 do CCC, neste procedemento non se admite nin a presentación de variantes nin a de melloras.

8. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas de Portos de Galicia.

b) Enderezo: praza de Europa, nº 5-A, 6º (Área Central).

c) Localidade: 15707 Santiago de Compostela.

d) Data de apertura: a apertura pública das ofertas técnicas (sobre B) levarase a cabo nun prazo non superior a sete días contados desde a apertura da documentación administrativa do sobre A. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

A través do perfil de contratante, a mesa fixará e dará publicidade á data, ao lugar e á hora en que se procederá á apertura do sobre B e á do sobre C.

Se por algún motivo houbese que modificar a data de celebración do acto público de apertura das proposicións reflectirase a nova data no perfil de contratante.

9. Outras informacións: a mesa de contratación, en cumprimento do disposto no número 1 da cláusula 3.6.1.b) do PCAP, comprobará en acto previo a documentación do sobre A e publicará no perfil de contratante e no taboleiro de anuncios dos servizos centrais de Portos de Galicia o resultado da apertura, para que se emenden, se é o caso, e dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na dita documentación.

10. Gastos dos anuncios: os gastos que deriven da publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2016

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia