Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 8 de febreiro de 2016 Páx. 4311

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 18 de xaneiro de 2016 pola que se autoriza a inclusión da Escola de Música Municipal de Oroso José Verea Montero no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Concello de Oroso solicita a inscrición da Escola de Música Municipal de Oroso José Verea Montero no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade coa Orde do 11 de marzo de 1993 que regula as condicións de creación e funcionamento destas escolas.

Logo de realizar os trámites que establece a normativa vixente, a Xefatura Territorial da Coruña achega o expediente cos correspondentes informes.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar a inclusión no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia da escola de música que se sinala:

Provincia: A Coruña.

Concello: Oroso.

Localidade: Oroso (San Martiño).

Código postal: 15688.

Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 2.

Código do centro: 15032972.

Titular: Concello de Oroso.

Denominación: Escola de Música Municipal de Oroso José Verea Montero.

Segundo. Esta escola queda sometida ao réxime de escolas de música e danza, segundo o establecido na Orde do 11 de marzo de 1993, e aos servizos de inspección correspondentes.

Terceiro. O centro deberá solicitar a oportuna revisión da inscrición cando teña que modificarse calquera dos datos sinalados nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria