Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 5 de febreiro de 2016 Páx. 4159

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN de erros. Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2016 as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesado, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

Advertidos erros na Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2016 as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesado, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 248, do 30 de decembro de 2015, cómpre facer as seguintes correccións:

1. Na páxina 52452, no artigo 3, número 2, onde di: «Non se considerarán substitucións de investimentos, salvo no caso de incremento de potencia, prestacións ou capacidade de produción, no que se subvencionará o diferencial de custo...», debe dicir: «Non se considerarán substitucións de equipamentos, salvo no caso de incremento de potencia, prestacións ou capacidade de produción, no que se subvencionará o diferencial de custo. Neste caso a Administración verificará a valoración do equipamento presentada pola empresa na memoria.».

2. Na páxina 52452, no artigo 3, número 3, alínea a), onde di: «Bens de equipo e instalacións en empresas de recollida, manexo, acondicionamento e comercialización de produtos forestais non madeireiros (cogomelos, castañas, plantas aromáticas e medicinais, biomasa e outros produtos forestais). No caso de produtos forestais alimentarios non se considerarán os investimentos relativos ao acondicionamento», debe dicir: «Bens de equipo e instalacións en empresas de recollida, manexo, acondicionamento e comercialización de produtos forestais non madeireiros e non alimentarios (biomasa e outros produtos forestais). No caso de produtos forestais alimentarios poderanse subvencionar investimentos de recollida e manexo en monte».

3. Na páxina 52452, no artigo 3, número 3, alínea d), engádese ao final a frase: «Os equipamentos de saca de madeira ou biomasa consistentes en cabeza tractora con doble tracción, plataforma e guindastre forestal só serán subvencionables en empresas que posúan tractocargador e/ou autocargador en propiedade».

4. Na páxina 52453, no artigo 3, número 3, alínea h), engádese ao final a frase: «Os investimentos no proceso de transformación de biomasa serán subvencionables unicamente naquelas industrias que non superen os 10.000 m³ de materia prima empregada no proceso.».

5. Na páxina 52453, no artigo 3, número 3, alínea i), onde di: «Maquinaria e instalacións de primeira transformación da madeira en serras que non superen os 10.000 m³ de madeira en rolo empregada para aserrado. Non é subvencionable a obra civil, excepto a necesaria para o acondicionamento do parque de rolla ou táboa e para a instalación dos equipos.», debe dicir: «Maquinaria e instalacións de primeira transformación da madeira. Os investimentos no proceso de transformación da rolla serán subvencionables únicamente naquelas serras que non superen os 10.000 m³ de madeira en rolla empregada para serrar.».

6. No artigo 6 engádense ao final as seguintes alíneas:

«o) A construcción de naves que non sexan exclusivamente para a instalación dos equipamentos de primeira transformación de madeira ou outros produtos forestais ou para almacenamento na propia industria. Non se subvencionarán naves illadas nin só naves en empresas de nova creación.

p) Os investimentos para transporte estándar.».

7. Na páxina 52458, no artigo 9, alínea a), engádese unha fila ao final da táboa que na primeira columna di: «Maquinaria que permita unha primeira transformación da rolla en monte: peladoras móbiles, serras móbiles, etc.» e na columna de baremo di: «150».

8. Na páxina 52462, no artigo 12, número 1, alínea l), ordinal 2º, onde di: «No caso de instalacións que así o requiran, comunicación previa no concello.», debe dicir: «No caso de instalacións que así o requiran, copia da presentación no concello da solicitude de licenza de obra ou comunicación previa segundo proceda».

9. Na páxina 52463, no artigo 12, número 1, alínea l), ordinal 6º, onde di: «As empresas de primeira transformación de madeira deberán presentar documentación acreditativa do límite de 10.000 m³ de madeira en rollo empregada para aserrado.», debe dicir: «Para investimentos no proceso de transformación da rolla ou da biomasa deberán presentar documentación acreditativa do límite de 10.000 m³ de madeira en rolla empregada para serrar ou materia prima empregada no proceso de transformación.».

10. Na páxina 52463, no artigo 12, número 1, alínea m), onde di: «...memoria razoada da necesidade e os beneficios esperados pola substitución...», debe dicir: «...memoria razoada da necesidade e os beneficiarios esperados pola substitución, que debe incluir unha valoración económica do equipamento que vai ser substituído...».

11. Na páxina 52467, no artigo 15, número 2, alínea g), ordinal 3º, onde di: «...No caso de obra civil, certificado do director de obra de que cumple coa normativa ambiental, de seguridade industrial e demais normativa vixente. No caso de investimentos que así o requiran, acreditación da presentación da comunicación previa da realización do investimento con toda a documentación requirida.», debe dicir: «No caso de obra civil, licenza de obra ou comunicación previa, segundo proceda, certificado de fin de obra e certificado do director de obra de que cumpre coa normativa ambiental, de seguridade industrial e demais normativa vixente. No caso de investimentos que así o requiran, licenza de inicio de actividade ou acreditación da presentación da comunicación previa con toda a documentación requirida...».