Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 5 de febreiro de 2016 Páx. 4162

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 29 de xaneiro de 2016 pola que se fan públicos os anexos da Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2016 as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesado, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

O día 30 de decembro de 2015 publicouse no DOG a Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2016 as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesado, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

Xunto coa citada orde non se fixeron públicos os anexos, polo que cómpre proceder agora á súa publicación.

En consecuencia co anteriormente exposto, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

ACORDO:

Único. Facer públicos os anexos da Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2016 as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesado, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

Disposición adicional. Prazo de presentación de solicitudes

Reábrese o prazo para a presentación das correspondentes solicitudes ao abeiro da Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2016 as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesado, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, que será dun mes a partir do día seguinte á publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, entendendo como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día desta publicación.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2016

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file