Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 4 de febreiro de 2016 Páx. 4131

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO da proposta de cumprimento e execución da Sentenza 184/2014 do 26 de febreiro de 2015, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, relativa ao Acordo do Pleno do Concello do 18 de novembro de 2013.

O Pleno do Concello de Pontevedra, na sesión extraordinaria e urxente que tivo lugar con data do 21 de decembro de 2015, entre outros pronunciamentos adoptou o seguinte acordo que, na súa parte dispositiva, literalmente di:

«(...) Primeiro. Tomar razón, executar e levar a puro e debido efecto, nos seus propios termos, a parte resolutiva das sentenzas ditadas o 26 de febreiro de 2015 pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no procedemento ordinario 0004002/2014, relativa ao Acordo do Pleno do Concello do 18 de novembro de 2013, de aprobación da modificación puntual nº 4 do Plan especial de protección, reforma interior e conservación artística do conxunto histórico-artístico de Pontevedra, no que atinxe o rueiro Z4-C52 elemento 16, predio e edificio sitos na rúa Michelena, nº 24 (DOG do 24.12.2013 e BOP do 15.1.2014), así como a Sentenza anteriormente ditada o 2 de xullo de 2009 pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no procedemento ordinario 0004090/2007-E, que estimou parcialmente o recurso contencioso-administrativo promovido pola entidade mercantil Promociones Inmobiliarias Ramírez, S.L. contra o Acordo adoptado polo Pleno da Corporación con data do 20.10.2006, polo que se prestaba aprobación definitiva á segunda modificación do Plan especial de protección, reforma interior e conservación artística do conxunto histórico-artístico de Pontevedra, que se anula exclusivamente no que atinxe o rueiro Z4-C52 elemento 16 e, para o seu cumprimento, préstase aprobación á documentación técnica denominada Modificación puntual número 4 do Peprica no elemento Z4-C52-16, que abrangue a ficha 4-52-16 corrixida, que substitúe o «nivel de protección» do predio e edificio sitos na rúa Michelena, nº 24, e que pasa de «ambiental A para as plantas existentes» a «ambiental B», consonte as determinacións do propio Peprica, así como aos planos denominados «Folla O-7: niveis de protección» e «Folla 52-P: alzados Z4-C52. Proposta», documentación técnica redactada polo arquitecto xefe da anteriormente denominada Oficina Técnica de Planeamento e Xestión Urbanística, con data de xullo de 2013, que anula e substitúe a correlativa do proxecto de modificación aprobado polo Pleno o 20.10.2006 que fora publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 244, do 21 de decembro de 2006 e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 100, do 24 de maio de 2007.

Segundo. Dispoñer que se publicite o presente acordo, mediante anuncio que se inserirá no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de edictos do Concello de Pontevedra e na páxina web http://www.pontevedra.gal .

Terceiro. Notificarlles este acordo á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ás cales se lles remitirá unha copia autenticada de dous exemplares do instrumento corrixido que se aproba polo presente acto, con todos os planos e documentos que o integran, debidamente dilixenciados pola Secretaría Xeral do Pleno do Concello, así como aos demais interesados no procedemento, con ofrecemento dos recursos procedentes.

Cuarto. Dar traslado do presente acordo á Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. (...)».

Pontevedra, 7 de xaneiro de 2016

P.S.
José Carlos Castiñeira Piñeiro
Secretario xeral do Pleno