Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 4 de febreiro de 2016 Páx. 4091

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 22 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador MON-CO-0052/2015-CSA.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente sancionador MON-CO-0052/2015-CSA.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación. Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia.

A persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección xeral de Ordenación e Produción Forestal, Servizo de Xestión Forestal, situadas na rúa San Lázaro, s/n, 1º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira do Medio Rural, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Transcorrido este prazo sen ter presentado o dito recurso, está resolución adquirirá firmeza na vía administrativa e será inmediatamente executiva de conformidade co previsto no artigo 138.3 da mesma norma xurídica.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2016

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación e Produción Forestal

ANEXO

Expediente: MON-CO-0052/2015-CSA.

Interesada: Josefa Penabad Penabad.

Acto de notificación: resolución do procedemento sancionador.

Último enderezo coñecido: As Pontes-O Freixo. As Pontes de García Rodríguez (A Coruña).