Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 4 de febreiro de 2016 Páx. 4093

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 22 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia do apercibimento previo á imposición de multas coercitivas do expediente sancionador MON-CO-0038/2013-CSA.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázase o interesado que se sinala no anexo deste anuncio para ser notificado por comparecencia.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para comparecer se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles, nas oficinas da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal-Servizo de Xestión Forestal, situadas na rúa San Lázaro, s/n, 1º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado apercibimento previo e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2016

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación e Produción Forestal

ANEXO

Expediente: MON-CO-0038/2013-CSA.

Interesado: Manuel López Sar.

Acto de notificación: apercibimento previo á imposición de multas coercitivas.

Último enderezo coñecido: praza de Pontevedra, 14, 1º C, A Coruña.