Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 4 de febreiro de 2016 Páx. 4061

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2016, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, pola que se somete a trámite de información pública o expediente de ampliación de tráficos ao novo hospital de Vigo Álvaro Cunqueiro, do contrato de servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7014; XG-388, entre A Cañiza e Vigo con anexos, da empresa Ojea, S.A., iniciado por instancia da Administración.

Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse, por instancia da Administración, o expediente de ampliación de tráficos ao novo hospital de Vigo Álvaro Cunqueiro, do contrato de servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7014; XG-388, entre A Cañiza e Vigo, con anexos.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tras o exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade de Pontevedra (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, avenida Fernández Ladreda, nº 43-1º andar), efectuar as alegacións que coiden oportunas no prazo de 15 días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Dentro dese mesmo prazo poderase acceder á documentación en soporte electrónico mediante a súa solicitude no enderezo: mobilidade.pontevedra@xunta.es .

Pontevedra, 15 de xaneiro de 2016

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra