Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 4 de febreiro de 2016 Páx. 4059

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (627/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de María Dolores Abraldes Picón, Carlos Boo Candama e María Teresa Castiñeiras Lobato contra Queserías del Ulla, S.L., en procedemento ordinario rexistrado co nº 627/2014, acordouse citar a demandada Queserías del Ulla, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, situado na rúa de Berlín, s/n, sala de vistas 3, pl. baixa, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, o día 1.3.2016 ás 11.40 horas e ás 11.45 horas, respectivamente, para a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo, o cal pode facer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e acudindo con todos os medios de proba de que se tente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que se encontra ao seu dispor na oficina xudicial deste xulgado a cédula de citación, a copia da demanda, o decreto da súa admisión e demais resolucións e documentos que figuran no procedemento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación a Queserías del Ulla, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2016

A secretaria xudicial