Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 4 de febreiro de 2016 Páx. 4127

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato de subministración para a adquisición e instalación de equipamento electromédico e de mobiliario de hospitalización con destino á hospitalización experimental do Hospital de Ourense. Unión Europea-Feder Fondo Tecnolóxico 2007-2013 (expediente AB-SER2-15-012).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER2-15-012.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición e instalación de equipamento electromédico e de mobiliario de hospitalización con destino á hospitalización experimental do Hospital de Ourense. Esta contratación está cofinanciada pola Unión Europea nun 80 %, no marco do proxecto Hospital 2050 do programa operativo Feder Fondo Tecnolóxico 2007-2013.

c) Lotes: 6 lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación:

DOG núm. 145, do 3 de agosto de 2015.

BOE núm. 189, do 8 de agosto de 2015.

DOUE 2015/S 152-280139, do 8 de agosto de 2015.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento sen IVE: 534.956,00 €.

Orzamento con IVE: 626.803,76 €.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación:

Lote 1: 3.12.2015.

Lote 2: 3.12.2015.

Lote 3: 23.11.2015.

Lote 4: 25.11.2015.

Lote 5: 23.11.2015.

Lote 6: 23.11.2015.

b) Data de formalización do contrato e contratista:

Lote 1: 23.12.2015 Galmédica, S.L.

Lote 2: 23.12.2015 Sutega, S.L.

Lote 3: 16.12.2015 Philips Ibérica, S.A.

Lote 4: 15.12.2015 Optomic España, S.A.

Lote 5: 15.12.2015 Sanrosan, S.A.

Lote 6: 15.12.2015 Neuroline, S.L.

c) Importe de adxudicación:

Orzamento sen IVE: 392.921,00 €.

Orzamento con IVE: 475.434,41 €.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2016

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos