Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 3 de febreiro de 2016 Páx. 3889

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Mondoñedo

EDICTO (17/2015).

Eusebio Bustabad Rapa, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Mondoñedo, dou fe de que en autos de familia, garda e custodia 17/2015 se ditou sentenza con data do 19 de xuño de 2015, cuxo encabezamento y resolución literalmente din:

Sentenza número 55.

Mondoñedo, 19 de xuño de 2015

Vistos por min, Mª Carmen López López, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Mondoñedo e o seu partido, os presentes autos de xuízo verbal sobre custodia, réxime de visitas e reclamación de alimentos a favor de fillos non matrimoniais co número 17/2015, seguidos ante este tribunal por instancia de Lisette Raquel Villacres Arias, representada polo procurador Sr. Cabado Iglesias e dirixida pola letrada Sra. Carreira Villalba, contra Mohamed El Farssiqui, en rebeldía procesual. É parte o Ministerio Fiscal ao existiren fillos menores.

Resolución.

Acordo, co carácter de definitivas, as seguintes medidas:

1º. A atribución da patria potestade, garda e custodia do menor Carlos Said El Farssioui Villacres en exclusiva á nai.

2º. O pai aboará á nai mensualmente en concepto de alimentos a cantidade de 120 euros, por anticipado e dentro dos cinco primeiros días de cada mes. Esta cantidade actualizarase anualmente segundo o IPC elaborado polo INE, ou índice que o substitúa.

Non se fai expresa imposición de custas procesuais.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación que, se é o caso, deberá de interpoñerse ante este mesmo xulgado dentro dos vinte días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución. Para a súa interposición será necesario previamente constituír un depósito de 50 euros na conta de consignacións deste xulgado. A súa admisión condicionarase a esta consignación».

E para que lle sirva de notificación en forma a Mohamed El Farssioui, expido este edicto certificación en Mondoñedo o 15 de xaneiro de 2016.

O letrado da Administración de xustiza