Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 2 de febreiro de 2016 Páx. 3816

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 21 de xaneiro de 2016, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente OU-00303-O-2015 e outro máis).

A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte ditou a resolución dos expedientes sancionadores número OU-00303-O-2015 e outro máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas en praza de Europa, 5A, 2º en Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe conforme ao previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987,do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2016

Mercedes López Caneda
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

OU-00303-O-2015

8408-HZC

Garda Civil 3201 A47914C

Serafín Álvarez Casal

34885321W

Cal, 155, 36780 A Guarda (Pontevedra)

Atenuante-A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

21.2.2015; 2.30; OU-160; 1,2

Art. 141.25 en relación co art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.k) en relación letra d) LOTT

401 euros

XC-02366-O-2015

8667-GYF

Garda Civil 1501 S50713X

José Luis Camaras Areas

76819570F

Rúa Lisboa, 12-2º c,

15707 Santiago de Compostela (A Coruña)

Diminución do descanso diario reducido en máis de 1 hora (sobre 9 horas). Igual ou superior a 7 horas e inferior a 8 horas.

8.4.2015; 16.35; N634; 666,0

Art. 141.24.4 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros