Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 2 de febreiro de 2016 Páx. 3797

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1044/2012).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1044/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan José Coto Varela contra Esabe Vigilancia, S.A., Fondo de Garantía Salarial, se ditou a seguinte resolución:

«Providencia da maxistrada xuíza: Susana Villarino Moure.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2015.

Únase o anterior escrito, presentado por Vigilancia Integrada, S.A. xunto coa escritura de cambio de denominación social. Acórdase, de conformidade co artigo 88 da LRXS, unilo aos autos e a referida escritura e dar traslado ás partes durante tres días para alegacións sobre o aspecto relativo ao cambio de denominación.

Unha vez verificado, xa que tivo lugar o xuízo o día 22 de setembro de 2015, pásense as actuacións para ditar sentenza.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpor ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta no Banco Español de Crédito, conta número 00301846420005001274, debendo indicar no campo concepto “Recurso”, seguida do código “30 Social-Reposición”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o “código 30 Social-Reposición”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a. O/a secretario/a xudicial».

E para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A. e Bubo Securitas, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2016

A secretaria xudicial