Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2016 Páx. 3504

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal no ámbito do polígono industrial David Ferrer Garrido e das normas subsidiarias do plan xeral.

Aprobado inicialmente, polo acordo do Pleno do 16 de decembro de 2015, o proxecto de modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal no ámbito do polígono industrial David Ferrer Garrido e das normas subsidiarias do plan xeral, de conformidade cos artigos 85.2 e 93.4 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Non se suspende o outorgamento de licenzas no ámbito do polígono industrial David Ferrer Garrido por terse acordado unha suspensión de licenzas no ano 2012 e non ter transcorrido o prazo de 4 anos sinalado no artigo 77.4 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

San Cibrao das Viñas, 25 de xaneiro de 2016

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde