Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2016 Páx. 3505

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións do polígono industrial de San Cibrao das Viñas.

Aprobado inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións do polígono industrial de San Cibrao das Viñas, por acordo da Xunta de Goberno local do 16 de decembro de 2015, de conformidade co artigo 86.1.a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses, contados desde a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias.

Non se suspende o outorgamento de licenzas no ámbito do polígono industrial David Ferrer Garrido por terse acordado unha suspensión de licenzas no ano 2012 e non ter transcorrido o prazo de 4 anos sinalado no artigo 77.4 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

San Cibrao das Viñas, 25 de xaneiro de 2016

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde