Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2016 Páx. 3427

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1226/2014).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1226/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Vilariño Manciñeiras contra S&V Seguridad, S.A., Prosegur España, S.L., Fondo de Garantía Salarial e Seguribérica, sobre reclamación de cantidade, ditouse auto cuxa parte dispositiva di:

«Dispoño ter por desistido a José Manuel Vilariño Manciñeiras da súa demanda fronte a S&V Seguridad, S.A., Prosegur España, S.L., Fondo de Garantía Salarial e Seguribérica, en materia de reclamación de cantidade.

Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme esta resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a S&V Seguridad, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de xaneiro de 2016

A secretaria xudicial