Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2016 Páx. 3425

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (RPL 339/2015).

Eu, Ana Belén Jorge Rogel, letrada da Administración de xustiza da Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña, fago saber que na peza de apelación que se dirá foi ditada sentenza o 16 de decembro de 2015, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«A Coruña, 16 de decembro de 2015

No recurso de apelación civil número 339/2015, interposto contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 10 da Coruña, en xuízo de modificación de medidas número 616/2013, seguido entre partes, como apelante, María de la O Corzo Noya, representada polo procurador Sr. Pérez Lizarriturri; como apelado, Miguel Ángel Nogueira Álvarez (rebelde). Sendo relator Manuel Conde Núñez.

Que desestimando o recurso de apelación, interposto pola representación procesual de María de la O Corzo Noya, contra a sentenza do 24 de abril de 2015, ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 10 da Coruña en xuízo de modificación de medidas número 616/2013, debemos confirmar e confirmamos en todos os seus aspectos a referida resolución, con imposición das custas de alzada á parte apelante.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta a nosa sentenza».

E para que conste e sirva para a inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG) co obxecto de notificar a parte declarada en rebeldía Miguel Ángel Nogueira Álvarez, expido e asino este edicto na Coruña o 22 de decembro de 2015. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza