Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2016 Páx. 3333

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

DECRETO 7/2016, do 8 de xaneiro, polo que se aproba definitivamente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Dodro (A Coruña) para delimitar un solo urbanizable industrial.

1. O Concello de Dodro remite a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal de Dodro (A Coruña), para delimitar un solo urbanizable industrial, e solicita a súa aprobación definitiva, conforme o artigo previsto no 85.7 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

2. O Concello de Dodro conta cun PXOM aprobado definitivamente por Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas do 27 de decembro de 2010.

3. O proxecto de modificación puntual está subscrito polo enxeñeiro de camiños Julio C. Rojo Martínez e o arquitecto Isidro López Yáñez.

4. O periodo de información pública do convenio urbanístico sobre a modificación puntual do PXOM foi anunciado no DOG do 11 de novembro de 2013.

5. A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu por Decisión do 10 de decembro de 2013 a non necesidade de sometemento a avaliación ambiental estratéxica.

6. Os servizos técnicos municipais emitiron informes previos á aprobación inicial, técnico o 22 de setembro de 2014, e xurídico o 23 de setembro de 2014.

7. A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu informe previo á aprobación inicial o 15 de decembro de 2014, ao abeiro do artigo 85.1 da LOUG.

8. A modificación proposta foi aprobada inicialmente polo Concello pleno en sesión do 13 de marzo de 2015 e sometida a información pública polo prazo de dous meses (El Correo Gallego e La Voz de Galicia do 16 de marzo de 2015, e DOG do 24 de marzo de 2015), sen se presentar ningunha alegación, segundo certificación municipal do 10 de novembro de 2015.

9. No expediente figura o seguinte en canto a informes sectoriais:

a) Augas de Galicia emite informe favorable con data do 18 de febreiro de 2015.

b) Informe do servizo municipal de auga e saneamento de abril de 2015.

c) A Axencia Galega de Infraestruturas emite informe favorable con data do 7 de abril de 2015.

d) A Dirección Xeral de Telecomunicacións e Tecnoloxías da Información emite informe favorable con data do 21 de abril de 2015.

e) O Instituto de Estudos do Territorio emite informe con data do 15 de xuño de 2015.

10. O proxecto foi aprobado provisionalmente polo Pleno municipal do 18 de setembro de 2015.

11. A modificación afecta uns 20.717 m2, en parte ocupados polas instalacións dunha fábrica de transformación de produtos do mar, e lindeiros coa estrada autonómica AC-305. No PXOM vixente o ámbito está clasificado como solo rústico de protección agropecuaria na parte que foi obxecto de concentración parcelaria con acordo firme do ano 1986, anterior por tanto aos 10 anos da entrada en vigor da LOUG; e como solo rústico de protección de costas na franxa entre os 100 e os 200 metros medidos desde o límite interior da ribeira do mar.

12. O obxecto da modificación puntual consiste na delimitación dun sector de solo urbanizable delimitado industrial, no cal se inclúe a industria existente e a súa ampliación, que non pode ser trasladada ao ámbito do solo urbanizable delimitado industrial S-01 do PXOM, porque se encontra sen desenvolver. A modificación inclúe a ordenación pormenorizada do ámbito, acolléndose ao artigo 57.2 da LOUG, e ten como sistema de actuación o de cooperación.

13. Conforme o artigo 94.1 da LOUG, que vincula a modificación do planeamento a razóns de interese público debidamente xustificadas; e ao artigo 10 do texto refundido da Lei do solo, que demanda das administracións públicas atribuír na ordenación un destino que posibilite o paso da situación de solo rural á de solo urbanizado ao solo preciso para satisfacer as necesidades que o xustifiquen, adecuado e suficiente para usos produtivos, no expediente xustifícase na necesidade de ampliación da fábrica mencionada, que permitirá duplicar a capacidade de produción nun futuro inmediato.

14. Canto ao cumprimento do Plan de ordenación do litoral, consta informe favorable emitido o 15 de decembro de 2015 pola Subdirección Xeral de Ordenación do Territorio.

15. A Comisión Superior de Urbanismo, na súa sesión do 16 de decembro de 2015 emitiu informe favorable sobre a modificación puntual, conforme o previsto no artigo 32.2.e) da LOUG canto á redución do solo rústico de protección de costas; e no artigo 95.4 da LOUG canto á reclasificación de solo rústico de especial protección.

De conformidade co disposto no artigo 95.4 da LOUG, a competencia para a aprobación definitiva das modificacións de planeamento que teñan por obxecto a reclasificación de solo rústico de especial protección, corresponde ao Consello da Xunta de Galicia.

Visto canto antecede, de acordo co disposto nos artigos 85.7 e 95.4 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia; e no artigo 37 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e co informe favorable da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia do 16 de decembro de 2015, así como por proposta da conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do oito de xaneiro de dous mil dezaseis,

DISPOÑO:

Artigo único

Aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Dodro para delimitar un solo urbanizable industrial, só para os efectos do previsto no artigo 95.2 e 95.4 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Disposición derradeira

Recursos: segundo o disposto no artigo 85.11 da citada Lei 9/2002, contra este decreto non cabe recurso en vía administrativa; non obstante, contra el poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, oito de xaneiro de dous mil dezaseis

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio