Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2016 Páx. 3492

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se anuncia a licitación da subministración sucesiva de materiais para a realización de determinacións de hematimetría (expediente MS-EIC1-16-004).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde-Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, paseo Xeneral Sir John Moore, nº 2, 1º andar, 15001 A Coruña, teléfono: 981 17 80 73, telefax: 981 17 80 32.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada A Coruña.

2º. Domicilio: paseo Xeneral Sir John Moore, nº 2, 1º andar.

3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

4º. Teléfono: información de índole técnica: 981 17 80 00, extensión 292125, e información de índole administrativa: 981 17 80 73 y 981 17 80 34.

5º. Telefax: 981 17 80 32.

6º. Correo electrónico: contratacion.XXIACoruna@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención da documentación e información: ata o último día de presentación de ofertas.

d) Número do expediente: MS-EIC1-16-004.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministracións.

b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de materiais para a realización de determinacións de hematimetría para a Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

c) División por lotes: non.

d) Lugar de execución/entrega: reactivos na plataforma loxística do Servizo Galego de Saúde: polígono industrial de Covas en Negreira (A Coruña). Equipamento na Área de Laboratorio da Xerencia.

e) Prazo de execución/entrega: 2 anos desde a data de entrada en vigor do contrato.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 33696500-0.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato.

a) 1.216.728 € (un millón douscentos dezaseis mil setecentos vinte oito euros).

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 506.970 € (cincocentos seis mil novecentos setenta euros).

b) Importe total: 613.433,70 € (seiscentos trece mil catrocentos trinta e tres euros e setenta céntimos).

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do importe de licitación, excluido o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non.

b) Solvencia:

Solvencia económica e financeira: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 5.3.1.e) do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 5.3.1.f) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 4 de marzo de 2016.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos ou anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mencionada mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o 981 17 80 32.

c) Lugar de presentación: A Coruña.

1º. Dependencia: Rexistro da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, Hospital Abente y Lago.

2º. Domicilio: paseo Xeneral Sir John Moore, nº 2, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: segundo o recollido no artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

9. Apertura de ofertas.

a) Lugar: Hospital Abente y Lago.

b) Enderezo: sala de xuntas do Hospital Abente y Lago, paseo Xeneral Sir John Moore, nº 2.

b) Localidade e código postal: A Coruña 15001.

c) Data e hora: as datas de realización da apertura do sobre B, relativo a criterios non avaliables de forma automática, e do sobre C, relativo a criterios avaliables de forma automática, publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: por conta dos adxudicatarios. Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 12 de xaneiro de 2016.

A Coruña, 12 de xaneiro de 2016

Francisco J. Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña