Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2016 Páx. 3496

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se anuncia a licitación da contratación do servizo de transporte e repartición de comidas e ceas para os centros dependentes desta xerencia (expediente AB-EIC1-16-002).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde-Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, paseo Xeneral Sir John Moore, nº 2, 1º andar, 15001 A Coruña, teléfono: 981 17 80 73, telefax: 981 17 80 32.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

2º. Domicilio: paseo Xeneral Sir John Moore, nº 2, 1º andar.

3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

4º. Teléfono: información de índole técnica: 981 17 80 92 e información de índole administrativa: 981 17 80 73 e 981 17 80 34.

5º. Telefax: 981 17 80 32.

6º Correo electrónico: contratacion.XXIACoruna@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención da documentación e información: ata o último día de presentación de ofertas.

d) Número do expediente: AB-EIC1-16-002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: contratación do servizo de transporte e repartición de comidas e ceas para os centros dependentes da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

c) División por lotes e número de lotes: non existen lotes.

d) Lugar de execución: centros da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

e) Prazo de execución/entrega: 1 ano desde a data de entrada en vigor do contrato.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 60100000-9.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato.

a) 330.150,24 € (trescientos trinta mil cento cincuenta euros con vinte e catro céntimos).

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 110.050,08 € (cento dez mil cincuenta euros con oito céntimos).

b) Importe total: 133.160,60 € (cento trinta e tres mil cento sesenta euros con sesenta céntimos).

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non.

b) Definitiva: si, equivalente ao 5 % do importe de adxudicación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: requirida. Como mínimo os licitadores deberán acreditar a seguinte clasificación: grupo: R, subgrupo: 9 e categoría: A.

b) Solvencia:

Solvencia económica e financeira: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 5.3.1.g) do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 5.3.1.h) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas o de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 4 de marzo de 2016.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos ou anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mencionada mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o 981 17 80 32.

c) Lugar de presentación: A Coruña.

1º. Dependencia: Rexistro da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, Hospital Abente y Lago.

2º. Domicilio: paseo Xeneral Sir John Moore, nº 2, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: segundo o recollido no artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

9. Apertura de ofertas.

a) Lugar: sala de xuntas do Hospital Abente y Lago.

b) Enderezo: paseo Xeneral Sir John Moore, nº 2. Hospital Abente y Lago.

b) Localidade e código postal: A Coruña 15001.

c) Data e hora: as datas de realización da apertura do sobre B, relativo a criterios non avaliables de forma automática, e do sobre C, relativo a criterios avaliables de forma automática, publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario. Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 12 de xaneiro de 2016.

A Coruña, 12 de xaneiro de 2016

Francisco J. Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña