Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3243

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2016 pola que se lle dá publicidade á formalización dun contrato (expediente 06/2015 SXT).

Para os efectos do previsto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP), esta consellería dálle publicidade á formalización do contrato do servizo de planificación de medios para o desenvolvemento dunha campaña publicitaria conmemorativa do XX aniversario de Galicia Calidade.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica (Servizo de Contratación).

c) Número de expediente: 06/2015 SXT.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23585

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: a planificación e a inserción, en diversos medios e soportes, dunha campaña publicitaria de ámbito galego para difundir o XX aniversario de Galicia Calidade e sensibilizar a poboación sobre temas relacionados coa calidade e excelencia dos nosos produtos e servizos.

c) Lotes: non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 79.341000-6 (servizos publicidade).

e) Acordo marco: non.

f) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG).

g) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG número 208, do 30 de outubro de 2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 206.817,24 euros.

5. Orzamento base de licitación: importe neto 206.817,24 euros. Importe total 250.248,86 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 14 de decembro de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 15 de decembro de 2015.

c) Contratista: Imaxe Intermedia, S.A.

d) Importe de adxudicación: importe neto 204.789,62 euros. Importe total 247.795,44 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: destaca en canto á selección do core target. É unha das ofertas máis equilibradas en canto a mix e planificación táctica, máis concretamente sorprende polo seu aproveitamento do medio TV. En canto á avaliación previa de resultados, é o licitador que obtén un resultado de avaliación máis equilibrado. Oferta un sistema de seguimento nítido, reunións periódicas para a supervisión da campaña e ferramentas de análise propias. Obtén, tras a valoración dos aspectos cualitativos e cuantitativos, un total de 92,07 puntos, puntuación superior á das outras entidades admitidas á licitación.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2016

P.D. (Orde do 10.12.2014; DOG núm. 3, do 7.1.2015)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria