Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3285

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 18 de xaneiro de 2016 pola que se notifica o acordo de inicio de expediente de incautación da embarcación Laks II, depositada en seco no porto de Cariño (A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase á mercantil Vizcaíno-Aramburo, S.L., co último domicilio coñecido en Utebopark, 10, 1º A,d e Utebo (Zaragoza), Acordo do presidente de Portos de Galicia do 9 de decembro de 2015, que inicia expediente para decretar a incautación, a favor de Portos de Galicia, da embarcación de nome Laks II, con folio 7ª-BA-5-253-99, depositada no porto de Cariño, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O acordo emítese, por atoparse a embarcación depositada en zona de varada do porto sen autorización e en estado de abandono desde o ano 2012, con base no establecido no artigo 20 do Decreto 130/2013, do 1 de agosto, polo que se regula a explotación dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, na regra décimo quinta de aplicación á tarifa portuaria E-2 prevista na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e no artigo 49 do Regulamento de servizo e policía aprobado pola Orde Ministerial do 12 de xuño de 1976.

O expediente completo para o seu exame e consulta atópase na sede dos servizos centrais de Portos de Galicia, sitos na praza de Europa, nº 5-A, 6º, Santiago de Compostela.

Outórgase ao propietario da embarcación un prazo máximo de 15 días para formular alegacións e igualmente para reclamar e retirar a embarcación do porto, logo do pagamento dos créditos pendentes en concepto de taxas.

Infórmase ao propietario que decretada a incautación, e en tanto que ben moble patrimonial incautado, Portos de Galicia poderá proceder de acordo co artigo 69 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, ao alleamento da embarcación.

A instrución do expediente recae no xefe da División Xurídica de Portos de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2016

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia