Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 2016 Páx. 3045

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza 536/2015, do 17 de setembro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 17 de setembro de 2015, pronunciou a Sentenza 536/2015, ditada no procedemento ordinario 4642/2013, interposto pola Promotora de Viviendas Urbanas, S.L., sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Estimamos parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto por Promotora de Viviendas Urbanas, S.L. contra a Orde do 25 de febreiro de 2013, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, que deu aprobación definitiva ao Plan xeral de ordenación municipal da Coruña, e anulamos o dito plan nas determinacións que modifican a superficie e edificabilidade asignada ás parcelas M.4.1, M.4.2, M.5.1, M.5.2, M.6.8 e a vía 5 do SURT-3 en relación coas previstas no Plan parcial do sector 4-Vío. Non se fai imposición de custas».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2015

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo