Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 2016 Páx. 3036

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato de subministración, mediante a modalidade de arrendamento financeiro leasing, con opción de compra, dun total de oitenta e catro (84) vehículos con destino á Xunta de Galicia (2 lotes).

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de subministración:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2015-SUSE 02-AMP.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23190

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición: subministración, mediante a modalidade de arrendamento financeiro leasing, con opción de compra, dun total de oitenta e catro (84) vehículos con destino á Xunta de Galicia (2 lotes).

c) División por lotes e número de lotes: dous.

Lote 1: adquisición de 72 vehículos para uso do parque móbil da Xunta de Galicia.

Lote 2: adquisición de 12 vehículos para uso da Unidade da Policía adscrita á Comunidade Autónoma.

d) CPV: 66114000-2. Servizos de arrendamento financeiro.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE), Boletín Oficial del Estado (BOE) e Diario Oficial de Galicia (DOG).

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOUE nº 2015/S 155-285490, do 13 de agosto de 2015; BOE nº 194, do 14 de agosto e DOG nº 154, do 14 de agosto.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto harmonizado.

4. Valor estimado do contrato: 1.494.651,18 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 1.494.651,18 €.

Importe total: 1.808.527,93 €, desagregado por lotes do seguinte xeito:

Lote 1: 1.533.215,83 €.

Lote 2: 275.312,10 €.

6. Formalización do contrato:

Lote 1: adquisición de 72 vehículos para uso do parque móbil da Xunta de Galicia.

a) Data de adxudicación: 18 de novembro de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 23 de decembro de 2015.

c) Contratista: Banco Pastor, S.A.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 1.064.481,05 €. Importe total: 1.288.022,07 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Lote 2: adquisición de 12 vehículos para uso da Unidade da Policía adscrita á Comunidade Autónoma.

a) Data de adxudicación: 18 de novembro de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 23 de decembro de 2015.

c) Contratista: Banco Pastor, S.A.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 196.146,09 €. Importe total: 237.336,77 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2016

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza