Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 2016 Páx. 3039

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 13 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se notifica a execución da sanción imposta no expediente sancionador SXMEDIOS 2/2014 en materia de prestación do servizo de comunicación audiovisual, no que se refiere á precintaxe provisional dos equipamentos e instalacións utilizadas para a emisión.

Tras intentar a notificación persoal e ser devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante esta cédula notifícaselle á empresa que a continuación se relaciona a execución da sanción imposta no expediente sancionador SXMEDIOS 2/2014 nos termos que a continuación se especifican.

Expediente: SXMEDIOS 2/2014.

Denunciada: Ártabra Gestora de Medios, S.L.

NIF: B70292016.

Último enderezo de notificación: rúa Cardenal Cisneros, 36-38, Santa Cecilia, Narón (A Coruña).

Precepto infrinxido: artigo 57.6 da Lei 7/2010, xeral de comunicación audiovisual.

Sanción imposta: 100.001 euros, cesamento de emisións e precintaxe provisional dos equipamentos e instalacións utilizados para a emisión.

Sanción que se vai executar: precintaxe provisional dos equipamentos e instalacións utilizados para a emisión.

Lugar de comparecencia: instalacións situadas no monte Neme, concello de Carballo (A Coruña).

Data e hora de comparecencia: 24 de febreiro de 2016 ás 10.00 horas.

Órgano de tramitación: Secretaría Xeral de Medios. Subdirección Xeral de Enxeñaría e Planificación de Radio, Televisión e Multimedia.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2016

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios