Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2842

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2016 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por este organismo no terceiro cuadrimestre do ano 2015.

En virtude do establecido no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 13 de xullo),

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Escola Galega de Administración Pública nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2015, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2016

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Escola Galega de Administración Pública nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2015

Convenio

Data
de sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Colexio de Biólogos de Galicia, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

7.9.2015

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Asociación Galega de Peritos Xudiciais e Forenses, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

23.9.2015

Sen achega económica