Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2853

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade da parte dispositiva da Sentenza 544/2015, do 17 de setembro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 17 de setembro de 2015, pronunciou a sentenza número 544/2015, ditada no procedemento ordinario 4340/2013, interposto por María Sofía Tren Santiago, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Estimamos o recurso contencioso-administrativo interposto pola procuradora Carmen Martínez Uzal, en nome e representación de María Sofía Tren Santiago, en relación coa Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas do 25 de febreiro de 2010 sobre aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello da Coruña, e declaramos que a orde impugnada non é conforme dereito e anulamos a determinación do plan relativa á clasificación da parcela sita na estrada de Baños de Arteixo nº 87 como solo urbano non consolidado non é conforme dereito, e dispoñemos que o planeamento deberá clasificala como solo urbano consolidado; con imposición das custas á parte demandada ata un máximo de 1.000 euros».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2015

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo