Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 22 de xaneiro de 2016 Páx. 2489

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (221/2012 e acumulado 478/2015).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de seguridade social 221/2012 e acumulado 478/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pilar Jorge Martínez contra Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), José Bernat Herrero, Berbar, S.L., Tesouraría Xeral da Seguridade Social sobre seguridade social, se ditou sentenza o 22 de decembro de 2015 co número 402/2015 cuxa decisión é do teor literal seguinte:

«Que desestimando integramente a demanda interposta por Pilar Jorge Martínez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, José Bernat Herrero e Berbar, S.L., debo absolver e absolvo as demandadas das peticións deducidas na súa contra.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a José Bernat Herrero e a Berbar, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para inserir no Diario Oficial de Galicia e fixar no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2015

A secretaria xudicial