Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 22 de xaneiro de 2016 Páx. 2487

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1313/2012).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1313/2012 por instancia de José Manuel Rodríguez García e Severino Bértoa Bastón contra a empresa Construcciones José Carro, S.A., o seu administrador concursal e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 14 de decembro de 2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución:

Estímase a demanda formulada por José Manuel Rodríguez García e Severino Bértoa Bastón fronte a Construcciones José Carro, S.A., o seu administrador concursal, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condénase a empresa Construcciones José Carro, S.A. a aboar aos demandantes as seguintes cantidades:

• A José Manuel Rodríguez García a cantidade de mil douscentos nove euros con corenta e catro céntimos de euro (1.209,44 euros).

• A Severino Bértoa Bastón a cantidade de mil douscentos nove euros con corenta e catro céntimos de euro (1.209,44 euros).

As devanditas cantidades vincularán o administrador concursal.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se debe anunciar este neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Construcciones José Carro, S.A. expido e asino a presente.

A Coruña, 4 de xaneiro de 2016

A secretaria xudicial