Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 22 de xaneiro de 2016 Páx. 2504

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 14 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica un requirimento de documentación de revisión anual en relación cun procedemento competencia desta consellería.

En virtude do disposto nos artigos 59.5, 61 e 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), e no uso da competencia atribuída a esta xefatura territorial da Consellería de Política Social da Coruña, intentada a notificación no último domicilio da interesada, sen que esta se puidese practicar, notifícaselle á persoa citada no anexo para que, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou debidamente representada, na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (avenida Salvador de Madariaga, 9, 1º andar), para efectuar a oportuna emenda, advertíndoa de que, de non se facer así, se terá por desistida do procedemento logo de resolución, que se ditará nos termos previstos no artigo 42 da dita Lei 30/1992.

A Coruña, 14 de decembro de 2015

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesada

DNI/NIE/pasaporte

Nº de expediente

Concello

Mª José Piñeiro Vila

76401762V

15901000414R

Cariño