Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 22 de xaneiro de 2016 Páx. 2429

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN de erros. Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas urxentes de tipo social (Auxs) para evitar os cortes de subministración eléctrica ás persoas economicamente máis vulnerables, en réxime de concorrencia non competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 na Comunidade Autónoma de Galicia (código do procedemento IN414D).

Advertido erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 249, do xoves 31 de decembro de 2015, procédese a efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 53219, no punto 2 do artigo 4, onde di: «para os efectos do cálculo da renda sumarán os recadros 366 (base impoñible xeral) e 374 (base impoñible do aforro) da declaración», debe dicir: «para os efectos do cálculo da renda sumarán os recadros 430 (base impoñible xeral) e 445 (base impoñible do aforro) da declaración».