Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 22 de xaneiro de 2016 Páx. 2498

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 12 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social RL 2015/0220-4.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante esta cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.

Dispón dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución, que non pon fin á vía administrativa, nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Traballo e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada perante a Secretaría Xeral de Emprego, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ao da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que noutro caso incoarase o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.

Vigo, 12 de xaneiro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: RL 2015/0220-4.

Acta: I362015000085821.

Empresa: Pyramid Obras y Proyectos, S.L.

NIF: B-27732858.

Enderezo: lugar A Rocha, 10, Atios, O Porriño.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigo 19.2, anexo IV, parte C, punto 3.b), e artigo 11.1.c) do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción; artigo 14.2 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e artigo 4 da Lei 32/2006, do 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción, en relación co artigo 3 do Real decreto 1109/2007, do 24 de agosto, polo que se desenvolve a Lei 32/2006, do 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción, en relación co artigo 32.bis 2 da mesma norma.

Preceptos sancionadores: artigos 12.16.f), 12.28.c), 11.5, 39 e 40 do do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 1.12.2015.

Resolución: multa de 5.346 €.