Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx. 2403

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 11 de xaneiro de 2016 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 348/2015, no expediente de reposición da legalidade COR/185/2014-RP1, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ferrol, en relación co procedemento ordinario número 348/2015, interposto por José Manuel Rey Trasancos e José Antonio Rodríguez Breijo contra a Resolución do 28.5.2015, ditada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, no expediente de reposición da legalidade urbanística número COR/185/2014-RP1, pola que declara ilegalizables as obras executadas en solo rústico, sen autorización urbanística autonómica, sitas no lugar do Carballo, parroquia de Sismundi, concello de Cariño, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ferrol.

Ao non poder realizarse a notificación persoal dos emprazamentos, mediante a presente cédula, que, ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, emprázase a José Quiza Bouza para que poida comparecer como interesado nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística