Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx. 2394

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Dumbría, Ézaro (expediente IN407A 2005/258-1).

Expediente: IN407A 2005/258-1.

Solicitante: Ferroatlántica, S.L.

Denominación: subestación a 220 kV Santa Uxía.

Concello: Dumbría (Ézaro).

Características técnicas:

Reforma da subestación de 66 kV da central de Santa Uxía para dotala dun transformador 220/66 kV de 175 mVA e una posición de 220 kV, sendo as actuacións máis significativas as seguintes:

– Paso aéreo-soterrado con autoválvulas á salida da actual posición de liña de Xestosa en 66 kV.

– Transformador trifásico de potencia nominal 175 mVA (OFAF) e relación de transformación 220/66 kV.

– Subestación GIS 220 kV compacto baixo unha envolvente metálica conectada a terra, con illamento de gas SF6 presurizado. Incorpora as funcións de seccionador de posta a terra rápido, seccionador de illamento con posta a terra, interruptor automático, transformador de medida (intensidade e tensión) e descargadores de sobretensión.

– Liña soterrada de 170 m, 220 kV, en condutor RHZ1-RA+2OL (AS) 127/220 1×630 AI2 H250 para a conexión coa liña aérea existente de Xestosa a través dun PAS.

– Instalacións auxiliares, obra civil, adecuación da nave, protección contra incendios, proteccións e control, etc.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 23 de decembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña